|
Sexta-feira, 17/6/2005 Sen tabaco Julio Daio Borges Teño fachendeado moito que vou á oficina, sobre todo, a fumar e, logo, a traballar no ordenador e falar por teléfono (unha simplificación que lle acae ben a moitas das miñas xornadas). Témome que non vou poder seguilo facendo durante moito tempo. Hoxe recibín un comunicado do noso departamento de relacións laborais que anunciaba a prohibición de fumar en todas as instalacións da empresa a partir do 1 de xaneiro de 2006 e ofrecía, ao mesmo tempo, axuda médica a todos os empregados que quixeren abandonar esta adicción. Estou feito un lío: se non podo fumar na oficina, que vou facer alí? Con todo, agradezo a dilixencia dos nosos responsables de riscos laborais e non estoutros medios máis expeditivos empregados por aí. Sen embargo, dúbido moito que tome ningunha decisión tan radical durante esta semana. Brétemas (eu sei que você não entendeu patavina, mas é porque é galego - aliás, o primeiro blog nessa língua que linca pro Digestivo). Julio Daio Borges |
|
|